Volven as rutas en kaiak, en táboas de Padle e as rutas nocturnas ao Vicedo

Trátase dunha nova edición dos Mércores de natureza.

Praia de Arealonga, no Vicedo / turismo.gal

A praia de Arealonga, no Vicedo, acollerá unha nova edición dos Mércores de natureza. Será vindeiro mércores 7 de xullo ás 16:30h. Trátase de mostrar os recuncho deste municipio e da comarca dunha “forma tranquila, en sendeirismo, kayaks ou mesmo combinando as dúas actividades”.

“Neste mes de xullo iniciaremos este mércores 7 cunha actividade na praia onde os participantes poderán descubrir as praias en kaiak  ou en táboas de Padle SUP. Ao tratarse da xornada de presentación, terá un prezo especial de 10€ por persoa e será realizada pola empresa Actividades Estaca”, indican desde o concello.

Os mércores de natureza veñen de ser galardoados no ano 2020 pola Deputación de Lugo como unha iniciativa turística a destacar dentro da provincia e neste mes haberá varias actividades como unha ruta de sendeirismo nocturna o mércores 14, unha ruta de kayaks polo entorno da Praia de Abrela o mércores 21 e unha xeoruta por San Román e Xilloi o mércores 28 de agosto. As inscricións para participar nas actividades deberán realizarse no teléfono 982 59 01 95 ou no mail turismovicedo@gmail.com

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here